viernes, 17 de mayo de 2024

Traballos Modo Galego 1ª Semana

 

Como veredes a rapazada de Ventín segue moi activada co galego. Velaquí unha mostra das actividades que estamos a realizar nesta primeira semana de inmersión lingüística. Agardemos que sexan do voso agrado!

REFRÁNS EN 2º C

Presentamos unha pequena mostra dos refráns traballados polos nenos e nenas de 2º C durante esta primeira semana de Modo Galego Actívao. Agardamos que sexan do voso agrado!


PALABRAS QUE NOS ENCANTAN EN GALEGO 

6º D 

Tócalle agora ao maiores da escola que nos presnetan as súas palabras favoritas en galego. A ver que vos parecen a vós!



DITOS POPULARES 2º E

A clase de 2º E preséntanos o seu traballo sobre os ditos populares. Agardamos que vos gusten e aprendades moitas cousas sobre os noso maiores... 

Lembrade activar o Modo Galego! 


OS REFRÁNS DOS NOSOS AVÓS E DAS NOSAS AVOAS 2º B

Tócalle agora activarse co galego á clase de 2º B. Neste caso tamén decidiron traballar cos refráns dos avós e das avoas. Ollade que ben os teñen aprendidos...

 

TRABALLOS DE 2º A

Os cativos e cativas de 2º A estiveron a traballar o refraneiro popular galego. Mirade cantas cousas aprenderon...


DITOS E REFRÁNS EN 3º D

A rapazada de 3º D segue activada co Modo GAlego! Esta semana estiveron a traballar os ditos en refráns dos nosos avós e avoas. Mirade que vídeo máis interesante fixeron

 

Na mesma clase, Antía tamén nos presenta algúns dos refráns populares máis coñecidos... 

  MÚSICA EN 3º D

As Deixamos aquí a adaptación ao galego que fixo Julia (3º D) sobre unha melodía en castelán. Noraboa polo teu traballo!o

COMPROMETIDOS CO GALEGO 6º D

As rapazas e rapaces de 6º D tamén se comprometeron firmemente co "Modo Galego, Actívao". Velaquí unha pequena mostra gráfica do seu compromiso


REFRANEIRO POPULAR GALEGO 4º B

Na clase de 4º B comezamos o "Modo Galego, Actívao" traballando o refraneiro popular galego coa axuda dos nosos avós e avoas. Velaquí unha pequena mostra do noso traballo.

Agardamos que vos guste!















"AMODIÑO" 4º B

Vaia marcha teñen os de 4º B! Esta semana estiveron a refacer a letra da canción "Despacito" para converrtela ao "Modo Galego" co seu "Amodiño".

Esperamos disfrutes da súa creación!. Vaia artistas!

MÚSICA EN 1º D

Mirade como desfrutan os alumnos e alumnas de 1º D coa música en galego deste segundo día de compromiso! Qué gusto velos tan felices coa música do país!




miércoles, 15 de mayo de 2024

Contacontos na Biblioteca

Dende a biblioteca seguimos a desfrutar cos contacontos dos nosos cativos e cativas. Esta semana tocoullo a Laia e Arantxa de 5º D e mais a Noela e Aylin de 3º B e 3º C.

Tamén puidemos desfrutar da visita da escritora Raquel Sánchez.

Velaquí unha pequena mostra nos seguintes vídeos.






Charlas "Sana el hoy"

 






martes, 14 de mayo de 2024

Modo Galego, Actívao!

   

Tras o éxito obtido o pasado curso co programa "Modo Galego, Actívao" voltamos este ano a participar nesta interesante proposta.

Para os máis despistados vos recordamos que este proxecto de investigación - acción deseñado pola Real Academia Galega en colaboración co Concello de Ames e os centros educativos do mesmo, trata de dinamizar a lingua galega entre as novas xeracións propoñendo diversas actividades que promovan a lingua do país. O elemento central da proposta é a realización dun Acordo de Compromiso Lingüśitico que tratará de fomentar o uso da lingua galega tanto nos contextos escolares coma extraescolares (familiares, extraescolares e de conciliación) durante 21 días.

O programa comezou no día de onte (13 de maio) e abranguerá ata o vindeiro 2 de xuño. Para máis información vos remitimos á páxina oficial do mesmo:

Alí poderedes seguir a evolución da proposta mediante os post diarios do blog así como tamén a través da análise das diversas actividades semanais propostas.


Para fnalizar vos deixamos algunhas imaxes dos Acordos de Compromiso Lingüísiticos asinados no día de onte polos nosos/as cativos/as.

Serán quen de cumprilos? Recibirán os premios pactados?

Agardamos que así sexa!

Moita forza e a activar o Modo Galego!

1º A

1ºB

1ºC


1ºD

2ºA

2ºC

3ºA

3ºC

 3ºD

4ºA

4ºB


4ºD

5ºB

6ºA

6ºD


viernes, 10 de mayo de 2024

Charlas sobre diversidade 6º C

Velaquí unha pequena mostra de imaxes do alumnado das charlas sobre diversidade nas que tiveron a oportunidade de participar os alumnos e alumnas de 6º C.















martes, 7 de mayo de 2024

Charla Modo Galego para as familias

O CEP de Ventín volve a activar o Modo Galego!. Dende o 13 de maio ata o 2 de xuño estaremos totalmente activados coa nosa lingua.

O vindeiro mércores 15 de maio terá lugar unha charla informativa para as familias sobre a proposta.

Apúntaste?

 

 

jueves, 2 de mayo de 2024

Exposición de Banda Deseñada

Velaquí unha pequena mostra dos cómics creados polo alumnado co gallo da conmemoración da Semana do Libro. Agradamos que vos gusten

 Exposición de Banda deseñada

5º e 6º Ed. Primaria

4º Ed. Primaria

3º Ed. Primaria






martes, 30 de abril de 2024

Obradoiro Squash

O pasado venres 26 de abril o alumnado do centro tivo a sorte de poder participar nunha pequena charla sobre o "Squash"  impartida por 3 importantes de laureados deportistas desta disciplina como son Borja Golán, Marta Dominguez e Tiago Vilas.

Moi agradecidos pola visita dende o centro queremos publicitar a actividade meidante esta pequena mostra gráfica. Agardamos que vos guste.








Apadriñamento lector

Co gallo da conmemoración da Semana do Libro, os pasados luns 22, martes 23 e mércores 24 de abril realizáronse uns obradoiros de apadriñamento lector entre o alumnado de diversas aulas. Nesta actividado o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria preparou uns contos para ler ao alumnado de menor idade (1º, 2º e 3º de Ed. Primaria).

Velaquí unha pequena mostra gráfica da actividade



sábado, 27 de abril de 2024

Semana do libro

Velaquí unha pequena mostra das actividades realizadas dende a biblioteca para conmemorar a Semana do Libro.